A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) presenta as bases para atraer inmobles ao banco de pisos de A Coruña | Observatorio de Vivenda

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) presenta as bases para atraer inmobles ao banco de pisos de A Coruña

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) presenta as bases para atraer inmobles ao banco de pisos de A Coruña

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) somete hoxe as bases da convocatoria pública para incorporar pisos ao banco de vivendas en alugueiro a votación. O obxectivo do programa é facilitar o acceso a unha vivenda digna aos colectivos en exclusión ou con risco da mesma.

Para atraer vivenda, EMVSA publicará no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria pública. Para os pisos que superen unha serie de requisitos de habitabilidade e mantemento, o propio organismo EMVSA estimará a renda a percibir polos propietarios. Este pago depende do número de dormitorios que posúan as vivendas e o seu tamaño, ata percibir un máximo de 600 euros mensuais. A maiores, EMVSA comprométese a asumir as reparacións dos posíbeis danos que poidan ser causados polos inquilinos, e a depositar as fianzas no Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Fonte| La Opinión de Coruña