En 2024 os prezos da vivenda subirían, pero as hipotecas darían un respiro | Observatorio de Vivenda

En 2024 os prezos da vivenda subirían, pero as hipotecas darían un respiro

En 2024 os prezos da vivenda subirían, pero as hipotecas darían un respiro

Os prezos da vivenda subiron de forma ininterrompida dende o segundo trimestre de 2014, e as expectativas de cara a 2024 son continuistas, segundo a gran maioría de expertos, que vaticinan un ano estable en operacións e cos prezos á alza. Os alugueiros seguirían coas dificultades actuais: poca oferta de pisos e rentas que acumulan gran parte dos ingresos dos inquilinos. A accesibilidade á vivenda é unha problemática que preocupa á maioría de economías occidentais, e, polo momento, ningunha medida pública ou privada mellorou a situación. En canto ás hipotecas, estas abaratarían o seu prezo, no caso de que o euribor siga baixando, como xa o fixo en decembro. 

A vivenda pechou 2023 cun balance insólito, no que as compravendas e as hipotecas cairon, pero os prezos continuaron á alza, sendo o primeiro previsible pola subida dos tipos de interese do BCE dende xullo de 2022 para contener a inflación. Aínda así, para o mercado inmobiliario o ano 2023, segundo as previsións finais de Fotocasa, pecharía con 550.000 compravendas de casas, convirtíndose desta forma no segundo mellor exercicio nos últimos 15 anos. 

Fonte.- El País