En España o arrendamento encarécese mentres que a compra de vivenda abarátase | Observatorio de Vivenda

En España o arrendamento encarécese mentres que a compra de vivenda abarátase

En España o arrendamento encarécese mentres que a compra de vivenda abarátase

Segundo un estudo publicado onte polo Instituto Valenciano de Investigacións Económicas e a Fundación BBVA, dende o 2007, a porcentaxe estatal de hogares que viven de alugueiro incrementouse do 14 por cento ao 18 por cento. Debido ao aumento da demanda e pouca oferta, os prezos do alugueiro aumentaron un 11 por cento con respecto a antes da crise, mentres que, de media, comprar unha casa custa agora un 21 por cento menos no mesmo periodo de tempo. Aínda que os datos varían con respecto ao informe publicado polo Banco de España, as tendencias ao alza do alugueiro e abaratamento da compra de vivenda son evidentes en toda España.

Fonte.- La Voz de Galicia