En outubro houbo un total de 51.615 operacións de compravenda de vivenda en España segundo o INE | Observatorio de Vivenda

En outubro houbo un total de 51.615 operacións de compravenda de vivenda en España segundo o INE

En outubro houbo un total de 51.615 operacións de compravenda de vivenda en España segundo o INE

O conxunto de España rexistrou, segundo os datos proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística, o seu mellor mes de outubro en canto a compravenda de vivendas dende 2007 cun total de 51.615 operacións. Estes datos supoñen un crecemento con respecto ao mesmo mes de 2021 do 11,4% encadenando así 20 meses consecutivos de crecemento interanual dos datos.

Do total de operacións a maioría foron de vivenda libre, o 92% do total, con 47.500 transaccións e un crecemento do 11,2% fronte as 4.115 protexidas (aumentarón con respecto ao 2021 un 5,2%). Polo seu lado a vivenda de segunda man tamén aumentou con respecto ao ano anterior, un 15,6% con 42.771 compravendas totais en contraste aos inmobles de vivenda nova que diminuiron un 5,4% cun total 8.844 acordos.

Por comunidades as que máis compravendas rexistraron foron Andalucía con 10.949, seguida da Comunidade Valenciana (8.199), Cataluña (8.181) e Madrid (6.443) mentres nas que máis aumentou porcentualmente foron Estremadura (+33%), Canarias (+32,5%), País Vasco (+24,6%), Asturias (+21,7%) e a Comunidade Valenciana (+17,4%) fronte as baixadas en Navarra, un 8,8% menos que hai un ano ,A Rioxa (-3,7%), Galicia (-1,7%) e Castela-A Mancha (-0,1%).

Fonte.- Europa Press