En Vigo, un edificio será reformado para construír seis novas vivendas | Observatorio de Vivenda

En Vigo, un edificio será reformado para construír seis novas vivendas

En Vigo, un edificio será reformado para construír seis novas vivendas

En Vigo, o Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo acordou dar o visto e prace á modificación do proxecto de rehabilitación do edificio da rúa Elduayen 31. Esta actuación, que afecta á edificación con saída á rúa Ferrería, suporá a construción de 6 novas vivendas, de dous e tres dormitorios, e dun local comercial. Un proxecto que inicia en paralelo o proceso de adxudicación e que suporá para o organismo público un investimento de preto de 900.000 euros.

Fonte.- Xunta de Galicia