Engel & Völkers sinala que o prezo medio da vivenda no casco histórico de A Coruña supera xa os 3.000 €/m2 | Observatorio de Vivenda

Engel & Völkers sinala que o prezo medio da vivenda no casco histórico de A Coruña supera xa os 3.000 €/m2

Engel & Völkers sinala que o prezo medio da vivenda no casco histórico de A Coruña supera xa os 3.000 €/m2

O informe publicado pola inmobiliaria de luxo xermana Engel & Völkers recolle toda a información das vivendas comercializadas pola inmobiliaria, e, segundo estes datos, o prezo medio da Cidade Vella alcanza os 3.200 €/m2, converténdose desta forma nunha das zonas máis caras de Galicia, superada tan só por Canido (Vigo) e Sanxenxo (Pontevedra). Adicionalmente, a inmobiliaria sinala outros barrios da cidade de A Coruña como prohibitivamente caros, destacando o Ensanche, co prezo medio de 3.000€/m2 e chega ata os 4.900 €/m2 de máximo. Séguelles Ciudad Jardín, Pescadería e, finalmente, A Zapateira. 

O informe recolle tamén a presencia de estranxeiros na compra de vivenda. Concretamente, en Santiago de Compostela acumúlase a maior porcentaxe de compras realizadas por estranxeiros, co 7%, seguida polo 5% de Vigo, e do 2% de A Coruña. Ata o 58% deste tipo de operacións pechouse sen necesidade de hipoteca, o que proba o alto nivel adquisitivo deste tipo de compradores. O pasado mes, a presidenta da delegación coruñesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) advertiu de que os altos prezos provocarían que as rendas salariais, é dicir, aquelas que dependen dun salario para vivir, foran expulsadas do centro da cidade. 

Fonte.- El Ideal Gallego