A Enquisa de Sensibilidade Inmobiliaria de Idealista predí un repunte na compravenda de casas no segundo trimestre | Observatorio de Vivenda

A Enquisa de Sensibilidade Inmobiliaria de Idealista predí un repunte na compravenda de casas no segundo trimestre

A Enquisa de Sensibilidade Inmobiliaria de Idealista predí un repunte na compravenda de casas no segundo trimestre

As previsións das axencias inmobiliarias melloran de cara ao segundo trimestre de 2024, tanto na actividade de compravenda de vivendas como de alugueiro fronte ás previsións de inicio de ano. Segundo a Enquisa de Sensibilidade Inmobiliaria elaborada por Idealista, ademáis desta mellora, prevese que o mercado do alugueiro se manteña tensionado ante a falta de oferta que seguirá provocando unha tendencia á alza dos prezos. Esta enquisa elabórase a partir das previsións das axencias para os mercados de compravenda e alugueiro de vivenda para o segundo trimestre de 2024.

Segundo os resultados da enquisa, o índice de compravenda sobe en máis de 10 puntos fronte ao período anterior, e alcanza os 68 puntos, a mellor cualificación dende finais do ano 2018. É a maior subida trimestral dende que se elabora a enquisa a inicios de 2018. Este optimismo débese ante todo á mellora das expectativas na actividade do sector. Case o 60% das axencias enquisadas afirman que a súa actividade crecerá durante este período, fronte ao 10% que comenta que reduciranse as xestións.

En relación aos prezos, seis de cada dez axencias destacan que se manterían estables, aínda que o 30% sinala que esperan aumentos, fronte ao 7% que espera que baixen nos próximos meses. O consenso xeral das empresas do sector inmobiliario é que os prezos aumentarán, pero a un ritmo moito menor que en anos anteriores, mentres que as compravendas seguirían a mesma liña que en 2023, aínda que cunha lixeira baixada nas operacións. 

Fonte.- Idealista