A enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas revela que a vivenda continúa a ser unha gran preocupación en España | Observatorio de Vivenda

A enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas revela que a vivenda continúa a ser unha gran preocupación en España

A enquisa do Centro de Investigacións Sociolóxicas revela que a vivenda continúa a ser unha gran preocupación en España

A vivenda continúa sendo un dos temas máis relevantes nas enquisas do Centro de Investigacións Sociolóxicas, CIS. Segundo os úlrimos resultados, oito de cada dez persoas preferirían vivir na súa propia casa que en réxime de alugueiro ao tempo que o 90% das persoas enquisadas considera que a vivenda debería estar máis protexida polo Goberno e o dereito constitucional. 

Por outra banda, o 41,8% pensa que deberían establecerse políticas de limitación no prezo dos alugueiros mentres que o 52,8% pensa que a solución aos problemas de vivenda pasa pola construción de vivendas sociais para as persoas de baixos recursos económicos fronte ao 49,9% que a sitúan na concesión de hipotecas máis baratas. 

Fonte.- El Mundo