Entran en vigor as primeiras Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia  | Observatorio de Vivenda

Entran en vigor as primeiras Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia 

Entran en vigor as primeiras Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia 

O 25 de maio do 2020 entran en vigor as primeiras Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, unha nova ferramenta coa que unificar os criterios técnicos que regularán a elaboración de todo o planeamento urbanístico. Ademáis de igualar a terminoloxía e os conceptos urbanísticos xerais, tamén unifica calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica en materia de planeamento urbanístico e establece os criterios técnicos para a elaboración dos documentos. 

Esta nova ferramenta prioriza a dixitalización dos datos como garantía de acceso á planificación territorial ao conxunto da sociedade de forma sinxela. Tamén se procura unha maior transparencia e lexibilidade, ao facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. 

Coa elaboración das Normas técnicas de planeamento, a Xunta de Galicia da un novo paso na estratexia normativa para definir un urbanismo responsable que acade a maior simplificación, transparencia e seguridade xurídica.

 

Fonte | Xunta de Galicia