Entréganse en Sober tres vivendas protexidas no marco dun proxecto piloto de construcións modulares | Observatorio de Vivenda

Entréganse en Sober tres vivendas protexidas no marco dun proxecto piloto de construcións modulares

Entréganse en Sober tres vivendas protexidas no marco dun proxecto piloto de construcións modulares

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, entregou hoxe en Sober 3 vivendas de promoción pública no marco dun proxecto piloto de construcións modulares.

Logo de lembrar que ao abeiro desta iniciativa tamén se construíron 6 vivendas no municipio ourensano de Cenlle, a vicepresidenta segunda explicou que os inmobles, cuxa construción supuxo un investimento de preto de 440.000 euros, teñen unha clasificación enerxética A, polo elevado grao de illamento da envolvente, e uns sistemas enerxéticos eficientes, como a calefacción por aerotermia.

Fonte: Xunta de Galicia