A epidemia forza unha baixada do alugueiro nas principais cidades españolas segundo os principais portais inmobiliarios | Observatorio de Vivenda

A epidemia forza unha baixada do alugueiro nas principais cidades españolas segundo os principais portais inmobiliarios

A epidemia forza unha baixada do alugueiro nas principais cidades españolas segundo os principais portais inmobiliarios

A pandemia impactou no mercado do alugueiro: en xullo, por primeira vez dende a crise do ladrillo, alugar unha casa nas seis maiores cidades españolas foi máis barato que o mes anterior. A unanimidade é case absoluta nos portais inmobiliarios, segundo unha comparativa coas últimas cifras publicadas: Barcelona é a que sofre un maior axuste, provocando que Madrid sexa ahora máis cara, segundo dous das tres fontes consultadas. Pero a capital non se libra das baixadas, como tampouco Valencia, Sevilla, Zaragoza ou Málaga.

Os rexistros de Idealista sitúan a todas as cidades españolas de máis de medio millón de habitantes en números negativos, algo que non sucedía dende novembro de 2013. Tamén segundo Fotocasa, abaratáronse en xullo as seis grandes urbes. Aínda que os datos son dispares porque cada portal usa bases e metodoloxías distintas, o rango de caídas mensuais oscila do 0,6% ao 3,1%.

A causa fundamental das baixadas xeralizadas é a pandemia do coronavirus. Os cambios provocados na oferta e a demanda levaron a caídas insólitas dende a crise da pasada década.

As causas do aumento da oferta foron principalmente o maior número de vivendas libres, xa que a epidemia provocou un aumento inusual de persoas que deixan a casa antes de acabar o contrato de alugueiro ou non o renovan, e a chegada ao mercado dos pisos turísticos.

Fonte | El País