A Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña lanza un servizo gratuito para mellorar a habitabilidade dos fogares | Observatorio de Vivenda

A Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña lanza un servizo gratuito para mellorar a habitabilidade dos fogares

A Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña lanza un servizo gratuito para mellorar a habitabilidade dos fogares

Un colectivo de profesorado, estudantado e persoal de administración e servizos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña pon en marcha o proyecto denominado "A Clínica das Casas". Trátase dun servizo gratuito de asistencia a toda a cidadanía para a mellora das condicións de habitabilidade dos fogares en tempos de confinamento. 

O obxectivo de esta iniciativa, totalmente altruista, non é outro que unha forma máis de actuar ante o coronavirus. "A Clínica das Casas" recolle consellos e boas prácticas ante as necesidades que surxen nas vivendas polo confinamente, que poden ser dende atopar espazos para que xoguen os nenos, para traballar, para facer actividade física ou acondicionar un espazo para confinar a unha persoa afectada. 

O contacto faise a través da seguinte páxina web. 

 

Fonte | UDC