Esgótase a oferta de pisos por debaixo dos 400 euros ao mes en Vigo | Observatorio de Vivenda

Esgótase a oferta de pisos por debaixo dos 400 euros ao mes en Vigo

Esgótase a oferta de pisos por debaixo dos 400 euros ao mes en Vigo

Actualmente apenas hai uns 415 pisos dispoñibles en Vigo para alugar, o que supón un mínimo histórico na cidade, ademáis de que xa non conta con ningunha vivenda dispoñible en alugueiro por catrocentos euros ou menos. As vivendas que fai 5 anos alugábanse por ese prezo (uns 400€), custan hoxe en día o dobre. É dicir, a oferta está en mínimos, e non hai ningún piso que supoña unicamente o 30% da nómina de quen cobre o salario mínimo, que xa prefire buscar directamente unha habitación en apartamento compartido, cuxo prezo comeza xa tamén a dispararse.

Segundo os anuncios do portal inmobiliario con máis actividade, Idealista, é complicado atopar vivendas por menos de mil euros ao mes en Vigo, principalmente no centro. Desaparecen totalmente do mercado as gangas, pisos que se alugan a prezos inferiores aos de mercado; todas as ofertas seguen xa as regras das flutuacións actuais do mercado de arrendamento. Aínda así, é relativamente habitual que os inmobles adquíranse en poucas horas, debido a que a demanda é considerablemente superior á oferta. Sen embargo, o mercado cada vez ofrece menos pisos para alugar.

Aos tan só 415 pisos dispoñibles en Vigo actualmente, súmase o feito de que moitos propietarios estanse pasando ao alugueiro vacacional, para obter un maior beneficio, ademáis de ser un ámbito menos regulado. Nas épocas de máis afluencia na cidade, como o Nadal ou o verán, os prezos dos pisos turísticos alcanzan os 2.000 euros por quince días. Adicionalmente, debido á alta demanda, os propietarios están a fixar condicións máis difíciles de cumprir polos inquilinos, e este encarecemento dos requisitos reduce as opcións de alugamento en moitos casos. 

Fonte.- Faro de Vigo