España atópase preto de duplicar o número de compras de vivendas sen financiamento bancario de 2020 | Observatorio de Vivenda

España atópase preto de duplicar o número de compras de vivendas sen financiamento bancario de 2020

España atópase preto de duplicar o número de compras de vivendas sen financiamento bancario de 2020

O tipo de interese medio dos créditos hipotecarios se enceuntra no 3,24 % segundo o Instituto Nacional de Estatística, o que provocou que cada vez máis sexan os compradores que non recorren a financiamento bancario para adquirir a súa vivenda. Segundo o último informe da empresa de taxación UVE Valoracións, no que vai de 2023, con cifras anualizadas, compráronse 204.859 casas sen financiamento a través dunha hipoteca. Cifra que foi aumentando despois do 2020, chegando case a duplicarse ese tipo de operacións. 

Por primeira vez no últimos catro anos, a porcentaxe de vivenda comprada que se hipoteca caeu do 70 % ata o 67 %. Hai uns meses, segundo un estudo publicado por Aedas Homes, só o 52 % dos compradores financiaban a adquisición do seu inmoble, cuxo importe é superior ao dun de segunda man no mercado.

As provincias que menos casas compran con hipoteca son aquelas con maior compoñente turístico e as que se poderían clasificar como 'España baleirada'. Alacante, Málaga, Valencia e Barcelona sn as catro provincias onde máis número de casas de compraron sen débeda.

Fonte.- El Periódico de España