España rexistrou unha caída na compravenda de vivendas durante o mes de outubro | Observatorio de Vivenda

España rexistrou unha caída na compravenda de vivendas durante o mes de outubro

España rexistrou unha caída na compravenda de vivendas durante o mes de outubro

O Consejo General del Notariado presentou os datos de compravenda de vivenda en España do mes de outubro que rexistraron un total de 54.372 operacións, o que supón unha caída do 4,8% interanual, mentres que o valor situóuse en 1.567 euros o metro cadrado crecendo un 2,6% con respecto ao mesmo mes de 2021. Por tipo de vivenda, houbo un total de 41.026 de transaccións de pisos, unha caída do 3,3%, mentres que as unifamiliares caeron un 9,3% interanual,cun total de 13.347 unidades, cun valor a alza nos dous tipos de inmobles sendo no caso dos pisos do 0,5%  cunha media de 1.722 euros o metro cadrado, e nas vivendas unifamiliares a media foi de 1.304 euros, un crecemento interanual do 5,7% segundo os datos dos notarios.

Por autonomías tan só en cinco houbo un aumento nas operacións, destacando Asturias (10,1%), Comunidade Valenciana (7,8%) e Castela e León (5,1%) mentres que as doce restantes presentaron baixadas  lideradas no País Vasco (-14,2%), Cantabria (-13,5%), Cataluña (-12,7%), Baleares (-11,0%), Navarra (-9,5%) e  Madrid (-9,4%). En canto ao prezo medio da vivenda, encareceuse en 15 das 17 comunidades destacando as alzas por riba do 10% en Aragón (17,2%), Cantabria (13,1%), Madrid (12,2%), Castela e León (11,9%), Galicia (11,0%), Murcia (10,7%) e Canarias (10,4%) fronte ás únicas rexións onde diminuíu o valor da vivenda que foron Navarra (-13,6%) e Estremadura (-3,0%).

Fonte.- El Español