Espéranse cambios no modelo de propiedade da vivenda en Amsterdam | Observatorio de Vivenda

Espéranse cambios no modelo de propiedade da vivenda en Amsterdam

Espéranse cambios no modelo de propiedade da vivenda en Amsterdam

En Amsterdam, os propietarios das vivendas privadas non o son da superficie onde se sitúa o edificio. Nun sistema pensado durante o s.XIX para manter o control sobre a planificación do solo e evitar especulacións, o concello é o propietario do solo e, por tanto, os propietarios das vivendas teñen que pagar un canon polo alugueiro do solo onde se sitúa a súa vivenda. Sen embargo, tras as últimas críticas ao sistema, espéranse cambios en camiño dunha cota máis estable e obxectiva, considerando que nos últimos anos a medida supuxo un instrumento de enriquecemento para á entidade pública.

Fonte.- LesEchos