Espérase un incremento das vendas de vivendas en España nos próximos anos segundo AEPSI | Observatorio de Vivenda

Espérase un incremento das vendas de vivendas en España nos próximos anos segundo AEPSI

 Espérase un incremento das vendas de vivendas en España nos próximos anos segundo AEPSI

As previsións da Asociación Española de Personal Shopper Inmobiliario (Aepsi) son que a finais do 2021 poderían alcanzarse as 450.000 compravendas de vivendas en España, xa que só nos primeiros seis meses do ano estas tiveron os mellores datos dende o 2008 tras alcanzar as 267.700 transaccións, segundo as estatísticas do INE. Así, Aepsi estima 550.000 vendas anuais no período 2022-2025 dado o crecemento do sector inmobiliario.

Dado que se espera un incremento no custo dos inmobles estamos ante o mellor momento para comprar unha vivenda. 

Zonas como Andalucía, a Comunidade Valenciana, Cataluña ou Madrid, son algunhas das preferidas para os futuros compradores. Acadan importancia os espazos exteriores e as vivendas sostibles.

 

 

Fonte | Idealista