A estatística dos notarios confima a caída das compravendas e das hipotecas no mes de marzo | Observatorio de Vivenda

A estatística dos notarios confima a caída das compravendas e das hipotecas no mes de marzo

A estatística dos notarios confima a caída das compravendas e das hipotecas no mes de marzo

Segundo a estatística notarial do Centro de Información Estatística do Notariado, a compravenda de vivenda situouse nas 32.332 transaccións no mes de marzo, o que supón unha caída do 37,5 %, mentres que os préstamos hipotecarios alcanzaron un total de 25.163 novos préstamos, cun descenso do 29,8 %. 

Por tipo de vivenda, a venda de pisos reduciuse un 38 %, tanto os novos como os de segunda man. As vivendas unifamiliares tamén viron reducidas as súas transaccións nun 35,8 % en comparación co mes de marzo do 2019. 

En términos do prezo medio, o metro cadrado das vivendas compradas en marzo alcanzou os 1.396 euros, o que supón un descenso do 2,2 % respecto ao mesmo mes do ano pasado. En canto aos pisos, o prezo por metro cuadrado situouse nos 1.544 euros nas vivendas de segunda man e nos 2.069 euros nas vivendas novas, presentando un descenso do 2 % e do 10,5 %, respectivamente. 

Por outra parte, o número de novos préstamos hipotecarios realizados alcanzou os 25.163, o que supón unha caida de casi o 30 % con respecto a marzo do 2019. 

 

Fonte | El Español