As estatísticas de New Homes England mostran que a vivenda comeza en 2019-2020 cunha maior proporción de vivendas asequibles | Observatorio de Vivenda

As estatísticas de New Homes England mostran que a vivenda comeza en 2019-2020 cunha maior proporción de vivendas asequibles

As estatísticas de New Homes England mostran que a vivenda comeza en 2019-2020 cunha maior proporción de vivendas asequibles

Segundo as estatíticas oficiais de New Homes England publicadas o pasado 16 de xullo, os programas de vivenda de Homes England experimentaron un aumento xeral no período 2019-2020 en comparación co ano anterior. Os programas de Homes England están financiados polo Goberno central para permitir que proveedores privados rexistrados, constructores de vivendas, grupos comunitarios e autoridades locais entreguen vivendas asequibles. 

O ano pasado, inciaronse 47.965 vivendas novas e completáronse 40.452 vivendas entre o 1 de abril de 2019 e o 31 de marzo de 2020. Estas últimas cifras mostran o nivel xeral máis alto de inicios dende que as cifras oficiais se publicaron por primeira vez en 2009-2010, e o maior nivel xeral de finalización durante cinco anos. É probable que as terminacións xerais reducíranse polo impacto da COVID-19 na construción de vivendas en marzo.

Das vivendas iniciadas, as tres cuartas partes foron para vivendas asequibles o que supón un aumento do 17% respecto a 2018-2019, sendo as cifras máis altas de vivendas asequibles dende fai dez anos. Das vivendas terminadas, o 70% foron destinadas a vivendas asequibles, o que representa unha disminución do 2% respecto a 2018-2019. 

En termos de vivendas para Renda Social, houbo un aumento do 91% nos últimos 12 meses, logo das novas políticas de Renda Social introducidas polo Goberno a partir de xullo do 2018. 

 

Fonte | UK Government