As estatísticas do Consello Xeral do Notariado e do INE indican que o prezo da vivenda mantense estable a pesar do descenso das compravendas  | Observatorio de Vivenda

As estatísticas do Consello Xeral do Notariado e do INE indican que o prezo da vivenda mantense estable a pesar do descenso das compravendas 

As estatísticas do Consello Xeral do Notariado e do INE indican que o prezo da vivenda mantense estable a pesar do descenso das compravendas 

As estatísticas publicadas na primeira quincena de xuño polo Consello Xeral do Notariado mostran un retroceso do 71,3 % na compravenda de vivendas e un 57,2 % nas hipotecas. A súa vez, o Instituto Nacional de Estatística (INE) publicaba os seus datos que mostraban un desplome do 39,2 % na compravenda de vivendas en abril en comparación co mesmo período de 2019, ata sumar 25.042 operacións, a súa cifra máis baixa neste mes dende o 2014.

A pesar destes datos, os prezos da vivenda e a cuantía das hipotecas mantiveronse estables. O Consello Xeral do Notariado indica que o prezo promedio por metro cadrado das vivendas vendidas foi de 1.464 euros, o que supón un incremento do 3,3 %, e a cuantía das hipotecas experimentou un incremento do 2,2 % en términos interanuais, ata os 139.649 euros. No caso do INE, o Índice de Prezos da Vivenda (IPV) mostraba que a variación anual no primeiro trimestre de 2020 disminuiu catro décimas e a subida situouse no 3,2 %. 

 

Fonte | El Español