Ethel Vázquez salienta que os incentivos da Xunta en materia de solo empresarial permitiron adxudicar máis de 1,1 millóns de metros cadrados de solo industrial, o 40% da superficie dispoñible en 2015 | Observatorio de Vivenda

Ethel Vázquez salienta que os incentivos da Xunta en materia de solo empresarial permitiron adxudicar máis de 1,1 millóns de metros cadrados de solo industrial, o 40% da superficie dispoñible en 2015

Ethel Vázquez salienta que os incentivos da Xunta en materia de solo empresarial permitiron adxudicar máis de 1,1 millóns de metros cadrados de solo industrial, o 40% da superficie dispoñible en 2015

 Vázquez Mourelle destaca que a Xunta eliminou os impostos autonómicos pola compravenda de solo industrial que está en mans dalgunha administración pública, cunha dedución do 100% na cota do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados 
- Sinala que no 2017 a Xunta foi Administración que máis obra contratou en Galicia, por riba do Estado, do conxunto dos concellos e das deputacións 
- Concreta que os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para 2018 permitiron unha subida notable, en concreto, un 16,5% de incremento que supón 60 M€ máis cos que se chegan aos 424 M€ 
- Subliña que ao igual que se fai desde a empresa familiar, a Xunta aposta por crear emprego e riqueza en Galicia
 


Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou hoxe que as políticas da Xunta en materia de solo empresarial permitiron adxudicar máis de 1,1 millóns de metros cadrados de solo industrial en Galicia, o que supón preto do 40% da superficie para a venda dispoñible en 2015, acadando os niveis de venda previos á crise. 

Vázquez Mourelle clausurou hoxe a XVIII Asamblea General de Socios da Asociación Gallega de la Empresa Familiar, e na mesma referiuse ás medidas activadas desde a Xunta para a potenciación da política industrial e favorecer a implantación de novas empresas, así como do impulso das infraestruturas e o fomento de investimentos “que buscan construír unha Galicia mellor para as persoas e tamén para as empresas”, remarcou. 

No repaso das medidas levadas a cabo polo seu departamento, subliñou que, desde o pasado 1 de xaneiro, a Xunta eliminou os impostos autonómicos pola compravenda de solo industrial que está en mans dalgunha administración pública, cunha dedución do 100% na cota do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados que tamén se aplica nos actos de agrupación, agregación segregación e división que se efectúen sobre o solo empresarial. 

Medidas, explicou, que teñen como claro obxectivo poñer no mercado parcelas que están sen utilizar e facilitar a posta en marcha de novas actividades empresariais e ás que se engaden as bonificacións no prezo do solo empresarial, do 30 ou do 50%, e que están habilitadas desde o ano 2015, con bonificacións por importe de más de 26 millóns de euros. 

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda tamén falou do crecemento constante nestes últimos anos das inversións do Goberno galego e do seu departamento, sinalando que no 2017 a Xunta de Galicia foi a Administración pública que máis obra contratou, por riba do Estado, do conxunto dos concellos e das deputacións. Engadindo que dentro da Xunta, o seu departamento licitou practicamente a metade, con máis de 100 millóns de euros. 

Concretou neste ano se seguirá polo mesmo camiño, dado que os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para 2018 permitiron unha subida notable, en concreto, un 16,5% de incremento que supón 60 M€ máis cos que se chegan aos 424 M€. 

A titular de Infraestruturas lembrou ademais que no primeiro trimestre, o Goberno galego triplicou a licitación con respecto ao primeiro trimestre do ano anterior, superando os 100 millóns de euros, correspondendo á consellería de Infraestruturas e Vivenda preto do 50% do total. 

Ethel Vázquez fixo tamén un percorrido polos proxectos nos que se está a traballar desde o seu departamento, como as asistencias técnicas e dirección de obra das Estacións Intermodais de Santiago e Ourense, as infraestruturas para vertebrar o territorio, como a autovía do Morrazo, ou o desdobramento do corredor Nadela-Sarria, que hoxe mesmo se saca a información pública. 

Tamén referiu os contratos para o deseño do Plan de Transporte Público de Galicia que, no horizonte de 2019, estarán en marcha en toda a Comunidade, así como as actuacións en vivenda pública de promoción pública, ao que este ano o departamento de Infraestruturas destinan 7 millóns de euros, e que están permitindo avanzar nos proxectos de Vigo, Ourense, Santiago, ademais da construción das 40 vivendas do ofimático, na Coruña. 

Licitacións e proxectos para os que o seu departamento, segundo abundou, conta co saber facer de empresas e de profesionais galegos, ao contar Galicia con profesionais especializados e con empresas de transporte, empresas construtoras, de enxeñería e consultoría, moitas delas empresas familiares, cunha grande experiencia acumulada. 

Neste senso, rematou, a Xunta -ao igual que se fai desde a empresa familiar-, aposta por crear emprego e riqueza en Galicia e facer posible que aquí se continúe contando cos mellores profesionais da obra pública.

Fonte.- IGVS