Europa contará en 2024 con máis inquilinos que hipotecados, segundo Greystar | Observatorio de Vivenda

Europa contará en 2024 con máis inquilinos que hipotecados, segundo Greystar

Europa contará en 2024 con máis inquilinos que hipotecados, segundo Greystar

A crise do coronavirus será un revulsivo para o mercado do alugueiro en toda Europa, segundo o escenario que plantexa Greystar, firma internacional de investimento, desenvolvemento e xestión de vivenda en alugueiro.

Segundo a firma, as dificultades económicas e a inestabilidade laboral que sufrirán moitos cidadáns e familias como consecuencia dos efectos do covid-19 impediralles comprar unha vivenda e, por tanto, terán que acudir ao alugueiro como solución habitacional. De feiro, Greystar cree que o arrendamento será a opción máis asequible para miles de europeos, o que provocará que en 2024 haxa máis inquilinos que hipotecados.

O estudo explica que, ademais do efecto coronavirus, nos últimos anos está crecendo o número de fogares, sobre todo unipersonais (un 10% na UE na última década, excluindo ao Reino Unido), e se está encarecendo o prezo da vivenda en venda, de aí a crecente demanda do réxime de arrendamento.

A suba de prezos tamén se une que o desenvolvemento de vivendas no Vello Continente está por debaixo da demanda, mentres que gran parte do parque residencial actual é anterior á II Guerra Mundial, o que tamén impulsará o alugueiro.

Fonte | Idealista