Euskadi impón un imposto anual de 10 euros por metro cadrado aos pisos que leven máis de dous anos baleiros | Observatorio de Vivenda

Euskadi impón un imposto anual de 10 euros por metro cadrado aos pisos que leven máis de dous anos baleiros

Euskadi impón un imposto anual de 10 euros por metro cadrado aos pisos que leven máis de dous anos baleiros

Os pisos que permanezan baleiros durante máis de dous anos no País Vasco deberán pagar un canon fiscal de 10 euros anuais por metro cadrado. O Goberno vasco adoptou esta medida para mobilizar as vivendas desocupadas sen unha causa justificada e atender á demanda social existente. O novo decreto aprobado este martes, amparado na Lei vasca de Vivenda (2015), contempla tamén o alugueiro forzoso e mesmo a expropiación de pisos deshabitados en zonas onde a necesidade de vivenda é máis alta.

En Euskadi hai 15.134 pisos que poderían incluírse no novo Rexistro de Vivendas Deshabitadas que prepara o Executivo autónomo e verse afectados por esta medida, e serán os concellos os encargados de certificar a desocupación das vivendas mediante a comprobación do padrón e inspeccións dos consumos "anormalmente baixos" de electricidade, auga e gas.

Os propietarios de pisos que sexan declarados baleiros deberán pagar un imposto anual de 10 euros por metro cadrado útil, que se incrementará un 10% por cada ano que siga desocupado, cun máximo de tres veces o importe inicial, isto é, ata 30 euros.

Fonte | El País