As execucións hipotecarias en vivendas habituais crecen un 84% en España | Observatorio de Vivenda

As execucións hipotecarias en vivendas habituais crecen un 84% en España

As execucións hipotecarias en vivendas habituais crecen un 84% en España

Os embargos de casas a familias volven cobrar forza en España de acordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE): entre xaneiro e marzo deste ano certificáronse 3.207 execucións hipotecarias sobre vivenda habitual (a casa onde vive unha familia), o que supón un 84,1% máis que no primeiro trimestre do ano pasado. No incremento hai que ter en conta que en 2020 o período estivo marcado durante 17 días -o 14 de marzo declarouse o primeiro estado de alarma- pola crise do coronavirus e a paralización da actividade.

Pero á marxe da menor actividade que puidese haber eses días nos rexistros da propiedade, o incremento tamén se explica por outros factores: as maiores dificultades económicas de moitos fogares como consecuencia da crise ou o longo contencioso que viviron (e viven) as hipotecas nos xulgados españois.

A pesar de estes novos factores, o detalle do ano de compra das vivendas que son obxecto de embargo segue mostrando as cicatrices que o estalido da burbulla inmobiliaria de principios de século deixou en España. Máis de catro de cada 10 execucións (un 42% exactamente) son de vivendas compradas en 2006, 2007 e 2008. Se se amplía o obxectivo a todas as casas adquiridas antes de 2008, o ano cero da Gran Recesión, supoñen un 68,1% de total de embargos.

Fonte | El País