As execucións hipotecarias redúcense significativamente respecto ao ano pasado en España: un 26% menos | Observatorio de Vivenda

As execucións hipotecarias redúcense significativamente respecto ao ano pasado en España: un 26% menos

As execucións hipotecarias redúcense significativamente respecto ao ano pasado en España: un 26% menos

O número de execucións hipotecarias sobre vivenda habitual reduciuse un 16% entre abril e xuño, en conxunto rexístranse xa cinco meses á baixa, segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística. En total foron 5.386 inscricións de certificacións por execucións hipotecarias iniciadas nos rexistros de propiedade no segundo trimestre de 2023, un incremento do 4,2% respecto ao trimestre anterior, pero un 26% menos que no mesmo período do ano pasado.

Os embargos iniciadas sobre vivendas de persoas físicas reducíronse un 16,7% en taxa anual; dese total, 2.697 eran habituais en propiedade (unha redución do 16% respecto ao mesmo trimestre de 2022) e 563 non eran residencia habitual dos propietarios (un 19,8% menos).

Fonte.- 20 minutos