Expertos do BCE anticipan unha caída de ata o 9 % no prezo da vivenda nos próximos dous anos | Observatorio de Vivenda

Expertos do BCE anticipan unha caída de ata o 9 % no prezo da vivenda nos próximos dous anos

Expertos do BCE anticipan unha caída de ata o 9 % no prezo da vivenda nos próximos dous anos

A subida dos tipos de xuro por parte do Banco Central Europeo traerá consecuencias no prezo da vivenda a curto prazo. As previsións dos economistas do BCE, mostradas nun artigo no Boletín Económico da entidade, son que despois da subida de tipos tanto os prezos da vivenda coma a inversión inmobiliaria caeran nos proximos anos. Os datos indican unha subida de ata o 63 puntos nos tipos de xuro das hipetecas no último semestre, o que supón o maior incremento semestral da historia.

As caídas, segundo proxeccións lineais serán de ata o cinco por cento no caso dos prezos e ata un oito no caso da inversión pero poderán chegar ata un nove por cento no caso do prezo da vivenda e poderían chegar ata o quince no caso da inversión inmobiliaria se se cumplen de maneira non lineal as previsións dos expertos do BCE nos vindeiros dous anos.

Fonte.- Idealista