Expertos preveñen a evolución do mercado inmobiliario para 2020 | Observatorio de Vivenda

Expertos preveñen a evolución do mercado inmobiliario para 2020

Expertos preveñen a evolución do mercado inmobiliario para 2020

A partires dos últimos datos que poden consultarse no INE, o diario "Expansión" publica hoxe unha nova na que recollen as valoracións de distintos expertos do mercado inmobiliario sobre o desenvolvemento do mesmo neste ano que comezamos.

A previsión dos prezos das vivendas de España é que continuará coa súa crecente escalada pero por debaixo do crecemento do 2019 (no que os prezos creceron un 5%). Neste 2020 situaríase ó redor do 3% de crecemento. Os expertos consultados polo diario esperan que o debilitamento da demanda faga que ós axentes interesados en adquirir casas compórtense cunha maior moderación ca nestes últimos anos. Estes expertos prognostican unha caída no número de transaccións inmobiliarias pro ano 2020.

Outro aspecto que sobresae no texto citado son os efectos da incerteza xurídica presente, que favorecerá a este comportamento moderado dos axentes económicos.

Fonte| Expansión