Expertos pronostican unha caída no prezo da vivenda en Corea do Sur | Observatorio de Vivenda

Expertos pronostican unha caída no prezo da vivenda en Corea do Sur

Expertos pronostican unha caída no prezo da vivenda en Corea do Sur

Debido ás altas tasas de interese, a crecente inflación e a ansiedade do mercado sobre a financiación de proxectos inmobiliarios, un informe do Instituto Surcoreano da Vivenda (KHI) pronostica que no ano 2024 os prezos da vivenda caerán un 1,5%. Doutra banda, na capital, Seúl, a predicción é un aumento dos prezos nun 1%. 

O prezo medio do "Jeonse", un sistema de arrendamento propio de Corea do Sur subiría un 2,7% debido á escaseza de suministro de vivendas. No caso de Seúl, este aumento sería do 4%, segundo o informe anteriormente citado. 

Por último, a expectativa do número de vivendas comercializadas sería de 650.000 vivendas, o que supón unha subida do 20% respecto a 2023, pero por debaixo da media de compravenda entre os anos 2017 e 2021, que foi de 980.000 propiedades.

Fonte.- Yonhap