A falta de turismo provoca que os pisos turísticos pasen a alugueiros de longa duración  | Observatorio de Vivenda

A falta de turismo provoca que os pisos turísticos pasen a alugueiros de longa duración 

A falta de turismo provoca que os pisos turísticos pasen a alugueiros de longa duración 

Segundo a Asociación de Apartamentos Turísticos de Barcelona (Apartur), máis do 40 % dos pisos turísticos de Barcelona pasáronse ao alugueiro residencial por falta de negocio. En Madrid, o sector calcula que se producirá un trasbase ao alugueiro residencial do 25 % dos apartamentos vacacionais rexistrados. 

É a solución que atoparon os propietarios destes inmobles, que hoxe manteñen unha escasa actividade. Plataformas dixitais como Airbnb están rexistrando niveis de ocupación do 5 %, e gran parte desde porcentaxe débese a persoal sanitario, empleadas do fogar ou estudantes que tiveron que utilizar este tipo de apartamentos polas restriccións á mobilidade impostas durante o estado de alarma. 

A tendencia tamén afecta a rexions costeiras. Pisos.com asegura que en abril o 11 % dos apartamentos que ofrecía da sua web en España transformáronse en arrendamentos de longa duración. 

 

Fonte | abc