A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias sinala que a venda de casas unifamiliares disparouse no último ano na provincia de Ourense | Observatorio de Vivenda

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias sinala que a venda de casas unifamiliares disparouse no último ano na provincia de Ourense

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias sinala que a venda de casas unifamiliares disparouse no último ano na provincia de Ourense

Segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias, a venda de vivendas unifamiliares aumentou en case 500 transaccións de compravenda nos últimos doce meses, o que supón os mellores datos de compravenda deste tipo desde o ano 2009. Non só a cifra de vendas amosa unha tendencia ó alza, senón que o mercado semella estar nun bo momento, cunha oferta de 2.150 chalés en bo estado ou que precisan poucas reformas. 

O perfil de comprador corresponde a unha persoa de nivel medio, duns 45 anos e cuxa prioridade é vivir o máis próximo posible a Ourense e en concellos ben comunicados para seguir traballando na cidade. Desta forma, os concellos que máis se beneficiaron desta tendencia son Barbadas, Pereiro de Aguiar e San Cibrao das Viñas. Segundo os datos de fomento, durante o ano 2023 en Barbadas rexistráronse 100 transaccións, no caso de Pereiro 57, e unha cifra lixeiramente inferior en San Cibrao das Viñas. 

Os prezos da vivenda unifamiliar varían segundo a provincia, estando Ourense xunto a Lugo nas franxas de custo máis moderadas, segundo o informe correspondente aos datos de compravenda de maio, elaborado por Fegein. O prezo medio de preferencia de prezos para comprar en Ourense é de 180.000 a 300.000 euros de inversión. A maior taxa de aforro e a sensación de liberdade dunha casa, influíu nese incremento de venda de unifamiliares en toda Galicia, en especial en A Coruña e Pontevedra, segundo sinala Benito Iglesias, o presidente da Fegein. 

Fonte.- Faro de Vigo