Fegein atribúe a caída na oferta de alquiler de pisos á Lei de Vivenda | Observatorio de Vivenda

Fegein atribúe a caída na oferta de alquiler de pisos á Lei de Vivenda

Fegein atribúe a caída na oferta de alquiler de pisos á Lei de Vivenda

A oferta de pisos en alugueiro está en mínimos históricos en Galicia, con tan só 2.600 vivendas dispoñibles, o que supón una redución do 18% en relación aos 3.200 ou 3.500 dispoñibles habitualmente. A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (FEGEIN) atribúe en parte esta situación á nova Lei de Vivenda, debido á "inseguridade xurídica" que xera nos propietarios. A intervención nos prezos do mercado para poñer límites e a maior protección para os inquilinos en caso de desafiuzamento serían algunhas das causas. 

Co descenso da oferta de pisos en alugueiro prodúcese un aumento das vivendas de uso turístico, actualmente chegando a unhas 21.000 vivendas destinadas exclusivamente a turismo. Tamén produciuse un aumento do alugueiro compartido de habitacións, fronte as dificultades de atopar arrendamentos completos a prezos alcanzables. Por exemplo, en setembro contabilizáronse 1.185 habitacións en arrendamento, fronte ós 915 en febreiro.

Fonte.- Faro de Vigo