Ferrol e Narón entre os dez municipios con alugueiro máis barato según un informe de 93 municipios de Fotocasa | Observatorio de Vivenda

Ferrol e Narón entre os dez municipios con alugueiro máis barato según un informe de 93 municipios de Fotocasa

Ferrol e Narón entre os dez municipios con alugueiro máis barato según un informe de 93 municipios de Fotocasa

"A vivenda de alugueiro en España no ano 2023" corresponde ao título do novo informe publicado recentemente polo portal web inmobiliario Fotocasa, onde Ferrol e Narón atópanse entre os dez municipios con alugueiro máis barato de España. Sen embargo, o informe está realizado sobre 93 municipios, polo que non se contemplan a maioría daqueles con densidade poboacional máis baixa que poderían ter un prezo menor. O informe está realizado utilizando a base de datos propia de Fotocasa, que en moitos casos non conta con cifras suficientes para establecer unha media do coste por metro cadrado. Por exemplo, dos 20 municipios que compoñen a área de Ferrolterra, tan só Narón e Ferrol teñen datos suficientes, polo que municipios como Ares, Neda ou As Somozas non aparecen na listaxe.

Segundo o informe, Ferrol estaría na sexta posición, cun prezo medio de 6,36 €/m2, aínda que sería un 9,7% maior que no ano anterior, mentres que Narón estaría na quinta posición, cun prezo de 6,21 €/m2, tamén cun incremento con respecto ao ano anterior do 14,4%. Os catro municipios máis baratos para alugar serían Puertollano, en Cidade Real; Don Benito, en Badaxoz; Plasencia, en Cáceres; e Cidade Real capital.

Fonte.- Diario de Ferrol