Ferrol recibirá 1,7 millóns de euros de fondos estatais para rehabilitación o próximo ano, a segunda cidade de Galicia con maior orzamento | Observatorio de Vivenda

Ferrol recibirá 1,7 millóns de euros de fondos estatais para rehabilitación o próximo ano, a segunda cidade de Galicia con maior orzamento

Ferrol recibirá 1,7 millóns de euros de fondos estatais para rehabilitación o próximo ano, a segunda cidade de Galicia con maior orzamento

Ferrol convértese na segunda cidade galega, despois de Vigo, que que máis fondos recibirá da convocatoria do Programa de Fomento de Rexeneración e Renovación urbana e rural, cun orzamento total de 1,7 millóns de euros (1,3 do Ministerio de Transportes e 400.000 da Xunta) para rehabilitación.

Así, a rehabilitación nas ARIs de Ferrol (A Magdalena-Ferrol Lanuxe, Esteiro, Recimil e A Graña) seguirá en ascenso grazas á inxección destes novos fondos, dos cales case 1,2 serán para intervir no ARI Magdalena-Ferrol Vello; 255.000 euros para Esteiro; 170.000 para Recimil e 85.000 para A Graña. 

Grazas a estas axudas, na última década recuperáronse un total de 650 vivendas na cidade, a maioría delas no centro histórico, o que supuxo un desembolso global de 13 millóns de euros.

Fonte | Diario de Ferrol