Ferrol recibirá preto de 1,7 millóns de euros para rehabilitar vivendas | Observatorio de Vivenda

Ferrol recibirá preto de 1,7 millóns de euros para rehabilitar vivendas

Ferrol recibirá preto de 1,7 millóns de euros para rehabilitar vivendas

A rehabilitación de vivendas recibirá un forte impulso económico este ano grazas ás axudas do Programa de Fomento da Rexeneración e Renovación Urbana e rural do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. Así, o Concello de Ferrol distribuirá as axudas por valor de 1,7 millóns de euros entre as catro Áreas de Rehabilitación Integral existentes na cidade. 

De entre as sete cidades de Galicia, a achega de axudas para as catro ARIs de Ferrol é a máis alta en porcentaxe, xa que Vigo, con oito áreas de rehabilitación, recibirá dous millóns de euros; Santiago, con catro, terá 1,4 millóns; e Ourense so percibirá 400.000 euros.

Estas axudas á rehabilitación de vivendas teñen por obxecto recuperar e dar vida ao casco histórico da cidade e, xunto coas rehabilitacións de edificios que está executando a Xunta en Ferrol Vello no marco do Plan Rexurbe, favorécese a implicación da iniciativa privada, que xa aposta pola recuperación de edificios vellos ou en ruínas.

 

 

Fonte | La Voz de Galicia