Ferrol recibiu un 20% do orzamento total de Galicia para as axudas para compra de vivenda en centros históricos | Observatorio de Vivenda

Ferrol recibiu un 20% do orzamento total de Galicia para as axudas para compra de vivenda en centros históricos

Ferrol recibiu un 20% do orzamento total de Galicia para as axudas para compra de vivenda en centros históricos

Segundo os últimos datos publicados pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ferrol foi unha das cidades galegas que máis axudas recibiu en materia de vivenda: absorbeu preto da metade das axudas habilitadas pola Xunta para a adquisición de vivenda en centros históricos da provincia, unha quinta parte do total de Galicia.

Así, na cidade concedéronse doce subvencións -das preto de sesenta a nivel autonómico, segundo o dato provisional- para dez inmobles, sumando máis de 100.000 euros. 

Ademais, avanzouse xa que Ferrol converterase no 2022 nun dos máximos expoñentes do programa Rexurbe con 2,5 dos 10 millóns que a Xunta contempla para este plan, a través da compra e arranxe de inmobles para revitalizar barrios históricos degradados. 

Fonte | La Voz de Galicia