Ferrol Vello convertirase en Área Rexurbe cun plan social e urbanístico | Observatorio de Vivenda

Ferrol Vello convertirase en Área Rexurbe cun plan social e urbanístico

Ferrol Vello convertirase en Área Rexurbe cun plan social e urbanístico

O plan de adquisición de inmobles en Ferrol Vello para a súa rehabilitación e as actividades urbanísticas nas rúas do barrio postas en marcha polo Concello veranse coordinados e ampliados coa declaración desta zona como Área Rexurbe, unha figura que o executivo solicitará en breve á Xunta.

Ferrol Vello cumpre todos os requisitos para ser declarado Área Rexurbe, xa que se trata dun conxunto histórico declarado Ben de Interese Cultural (BIC), está nun proceso de degradación arquitectónica, experimenta un declive demográfico e padece un descenso da taxa d actividade económica.

O obxectivo desta figura, que foi creada no ano 2019, é reverter esas condicións negativas para recuperar os ámbitos urbanos aos que se aplique, de modo que as zonas declaradas áreas Rexurbe poderán optar a instrumentos de financiación específicos e nelas acometeranse medidas sociais, ambientais e económicas.

Fonte | Diario de Ferrol