A firma de hipotecas anota en setembro o seu mellor dato en 10 anos cun aumento do 57,7% | Observatorio de Vivenda

A firma de hipotecas anota en setembro o seu mellor dato en 10 anos cun aumento do 57,7%

A firma de hipotecas anota en setembro o seu mellor dato en 10 anos cun aumento do 57,7%

A firma de hipotecas en España rexistra no mes de setembro o seu nivel máis alto nos últimos 10 anos: o seu número disparouse un 57,7% respecto ao mesmo mes de 2020, alcanzando un total de 42.547 préstamos.

Desta forma, segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a firma de hipotecas sobre vivendas encadea sete meses de ascensos interanuais consecutivos, aumentando tamén o importe medio das hipotecas constituídas sobre vivendas ata os 143.831 euros (un 7% máis).

Así, as comunidades autónomas que rexistraron un maior número de hipotecas en setembro foron Andalucía (8.749), Comunidade de Madrid (7.930) e Cataluña (7.073).

Fonte | El Economista