A firma de hipotecas en España aumenta en xuño un 12% con respecto ao ano pasado e alcanza cifras de 2010 | Observatorio de Vivenda

A firma de hipotecas en España aumenta en xuño un 12% con respecto ao ano pasado e alcanza cifras de 2010

A firma de hipotecas en España aumenta en xuño un 12% con respecto ao ano pasado e alcanza cifras de 2010

En España firmáronse durante o mes de xuño un total de 42.767 préstamos hipotecarios, o que supón un aumento do 12% con respecto ao dato do mesmo mes do 2021 encadenando así 16 meses consecutivos con ascensos interanuais. Esta cifra é a máis alta dun mes de xuño dende as 56.700 que se firmaron no mes de xuño de 2010 segundo o INE.

O importe medio dos préstamos tamén aumentou, un 6% ata situarse nos 147.539 euros mentres que o capital prestado por parte das entidades financeiras ascendeu un 18,7%, ata os 6.309,8 millóns de euros.

Fonte-. EuropaPress