A firma de hipotecas sobre vivendas modera a súa caída en España ata o 2,4% en novembro | Observatorio de Vivenda

A firma de hipotecas sobre vivendas modera a súa caída en España ata o 2,4% en novembro

A firma de hipotecas sobre vivendas modera a súa caída en España ata o 2,4% en novembro

O número de hipotecas constituidas sobre vivendas inscritas nos rexistros da propiedade situouse en 28.756 o pasado mes de novembro, cifra que supón un 2,4% menos que en igual mes de 2019, segundo informou o Instituto Nacional de Estatística (INE). Así, co retroceso interanual experimentado en novembro, a firma de hipotecas sobre vivendas encadea dous meses consecutivos de taxas negativas tras o descenso de outubro (-5,9%). 

De acordo cos datos difundidos polo INE, o importe medio das hipotecas sobre vivendas incrementouse un 5,5% respecto a novembro de 2019, ata os 136.676 euros, o seu importe máis alto dende febreiro, xusto antes de declararse a pandemia. Por outro lado, o capital prestado avanzou un 3% en taxa interanual no penúltimo mes do ano pasado, ata os 3.930,2 millóns de euros.

En termos mensuais (novembro de 2020 sobre outubro do mesmo ano), o número de hipotecas sobre viviendas aumentou un 1,8%, mentres que o capital prestado subiu un 3,1%.

Por último, as comunidades con maior número de hipotecas constituidas sobre vivendas en novembro foron Andalucía (5.474), Madrid (5.087) e Cataluña (4.711), mentres que oito comunidades presentaron taxas interanuais negativas no número de hipotecas sobre vivendas, especialmente Canarias (-27,7%) e Cantabria (-13,8%).

Fonte | El Español