A firma de hipotecas sobre vivendas volve a mínimos de 2017 tras cair un 7,6% en 2020 | Observatorio de Vivenda

A firma de hipotecas sobre vivendas volve a mínimos de 2017 tras cair un 7,6% en 2020

A firma de hipotecas sobre vivendas volve a mínimos de 2017 tras cair un 7,6% en 2020

O número de hipotecas constituídas sobre vivendas diminuiu un 7,6% en 2020 respecto ao ano anterior, ata sumar 333.721, a súa cifra máis baixa dende 2017, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Pese a isto, o importe medio das hipotecas constituídas sobre vivendas subiu un 7,4% en 2020, ata os 134.904 euros, mentres que o capital prestado reduciuse un 0,8% no ocnxunto do ano pasado, ata os 45.020 millóns de euros.

Con este descenso en 2020, influído pola evolución da pandemia no mercado inmobiliario, a firma de hipotecas sobre vivendas rompe con seis anos de aumentos anuais consecutivos, rexistrando o maior descenso en taxa anual en maio (27,6%).

Por comunidades autónomas, as que rexistraron un maior número de hipotecas constituídas sobre vivendas en 2020 foron Andalucía (63.519), Madrid (60.494) e Cataluña (53.657).

Fonte | El Español