A firma de hipotecas volve a caer en xullo e eleva o descenso do ano por encima do 10% | Observatorio de Vivenda

A firma de hipotecas volve a caer en xullo e eleva o descenso do ano por encima do 10%

Segundo os datos do INE, no mes de xullo, rexistráronse 26.014 préstamos para a compra de vivenda, un 23% interanual menos, un novo descenso que amplía a caída do acumulado do ano ata o 10,5%.

Así, os datos de xullo amosan a continuidade de meses anteriores do axuste producido pola pandemia, o cal fai prever que, segundo os expertos do portal inmobiliario Idealista, aínda que se comece a ver unha certa recuperación nas transaccións, o dato final anual será case con seguridade, dunha caída relevante respecto ao 2019. 

No séptimo mes do ano produciuse un novo repunte do tipo fixo, tras representar máis da metade das hipotecas rexistradas en dito mes. Cun 52,5% das operacións, é o terceiro mellor dato da serie histórica. No que se refire ao capital medio dos préstamos, sí que produciu un notable repunte: a subida foi do 8,9% interanual, ata situarse en 132.346 euros, a cifra máis alta desde febreiro. 

Por Comunidades Autónomas, en xullo, as rexións onde se constituíron máis hipotecas foron Andalucía (4.598), Cataluña (4.400) e a Comunidade de Madrid (3.833), mentres que aquelas nas que se rexistra un balance peor que o promedio nacional (-23%) están lideradas por Castilla-La Mancha e Galicia, onde os descensos amplíanse por encima do 40%.

Fonte | Idealista