A firma de hipotecas volve a caer en xuño e déixase máis dun 8% na primeira metade do ano | Observatorio de Vivenda

A firma de hipotecas volve a caer en xuño e déixase máis dun 8% na primeira metade do ano

A firma de hipotecas volve a caer en xuño e déixase máis dun 8% na primeira metade do ano

Segundo os datos do INE, no sexto mes do ano rexistráronse 26.748 préstamos para a compra de vivenda, un 12,7% menos que en xuño do ano pasado, aínda que é a mellor cifra dende febreiro, xusto antes de que irrumpira o covid-19 en España. De feito, a inscripción de novas hipotecas aumentou un 4,7% respecto a maio, aínda que o balance no que levamos de ano segue en negativo. En concreto, no acumulado entre xaneiro e xuño, o rexistro de hipotecas sobre vivendas retrocede un 8,4%. 

No sexto mes do ano o tipo de xuro medio dos préstamos mantívose na zona de mínimos históricos, aínda que sube lixeiramente respecto aos dous meses anteriores: Actualmente sitúase no 2,49%, fronte ao 2,48% de abril e maio, e ao 2,47% do pasado setembro. 

Por outro lado, as hipotecas fixas permanecen estables e, a pesar de non poder renovar os seus máximos históricos, en xuño protagonizaron práticamente a metade das novas operacións hipotecarias.

Por Comunidades Autónomas, no mes de xuño, Madrid liderou tanto a firma de hipotecas como o capital medio que presta a banca aos clientes para a compra de vivenda. Segundo os datos do INE, a rexión madrileña é a única do país onde se incribiron máis de 5.000 hipotecas (5.101), seguida de Andalucía (4.489) e Cataluña (4.142). Por encima das 1.000 operacións tamén están o País Vasco (2.811), Comunidad Valenciana (2.544) e Castilla e León (1.139).

Fonte | Idealista