Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Xunta de Galicia. | Observatorio de Vivenda

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Xunta de Galicia.

Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.  Xunta de Galicia.

Esta resolución ten por obxecto convocar, para a anualidade de 2021, o acceso ao Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes (en diante, Fondo de cooperación), así como fixar o procedemento, as condicións e os criterios para acceder a el (código de procedemento VI438A).

Entre as principais novidades desta norma, respecto á regulación anterior, está a ampliación das actuacións que poden ser obxecto de financiamento con cargo ao Fondo de cooperación e que son as seguintes: as promovidas polos concellos no desenvolvemento das competencias que lles atribúe a Lei 1/2019, do 22 de abril, ou a lexislación urbanística en relación cos deberes de conservación e rehabilitación; as de rehabilitación e rexeneración urbana realizadas polo concello dentro das propias políticas municipais en materia de conservación e recuperación do patrimonio construído; a adquisición de inmobles para a súa posterior rehabilitación; a elaboración de plans especiais de protección e calquera outra actuación de rehabilitación e rexeneración urbana que se acorde mediante unha resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Esta liña de axudas atópase incluída no recentemente publicado Pacto da vivenda de Galicia 2021-2025

Máis información