Forcarei facilita o acceso á vivenda a interesados en trasladarse ao municipio grazas a un novo servizo municipal | Observatorio de Vivenda

Forcarei facilita o acceso á vivenda a interesados en trasladarse ao municipio grazas a un novo servizo municipal

Forcarei facilita o acceso á vivenda a interesados en trasladarse ao municipio grazas a un novo servizo municipal

O Concello de Forcarei acaba de crear un novo servizo para facilitar e promover o acceso a unha vivenda ás persoas interesadas en instalarse no municipio, unha iniciativa que nace paralela ao crecente atractivo das zonas rurais derivado das complicacións que trouxo a cohabitación co coronavirus en contornos urbanos.

Denominado Rexistro de Vivendas e Bens, ten como obxectivo ofrecer un servizo público e gratuíto de procura de vivenda, ben sexa en réxime de alugueiro ou ben para comprar, para facilitar o acceso ás mesmas e tamén para asesorar no proceso ás persoas interesadas. 

Fonte | Diario de Pontevedra