A forte caída de prezos da vivenda en China podería impactar no crecemento da economía, segundo The Economist | Observatorio de Vivenda

A forte caída de prezos da vivenda en China podería impactar no crecemento da economía, segundo The Economist

A forte caída de prezos da vivenda en China podería impactar no crecemento da economía, segundo The Economist

Segundo expertos de The Economist, no ano 2022 prevese que haxa unha recuperación económica xeneralizada, con subas do PIB mundial de ata un 4,1%, pero advirten que a forte caída do prezo da vivenda en China podería conducir a unha forte desaceleración económica.

Así, o escenario de risco contemplado dunha caída abrupta dos prezos da vivenda en China podería supor o elevado risco de contaxio financeiro no caso de que as empresas chinesas de sector caian no incumprimento dos pagos e a débeda, o que conduciría á súa vez a unha forte desaceleración económica.

Os outros grandes riscos sistémicos para a economía global pasan desde problemas económicos e políticos até choques militares ou relacionados co medioambiente. 

Fonte | Idealista