Francia estuda reducir drásticamente as vantaxes fiscais nas vivendas turísticas | Observatorio de Vivenda

Francia estuda reducir drásticamente as vantaxes fiscais nas vivendas turísticas

Francia estuda reducir drásticamente as vantaxes fiscais nas vivendas turísticas

O Parlamento francés estuda unha proposición de lei que permita rebaixar as vantaxes fiscais do sector do alugueiro vacacional, debido principalmente ao clamor popular polo problema da escaseza de vivenda nalgunhas zonas turísticas. Na actualidade, os propietarios de pisos turísticos poden desgravarse máis dun 70% dos ingresos obtidos, mentres que no caso dos alugueiros residenciais, o porcentaxe que poden desgravarse é moito menor, un 50% en caso de vivendas amobladas, e un 30% en vivendas vacías. 

Ademáis das vantaxes fiscais, os alugueiros de corta duración teñen unha maior rentabilidade, o que supón que os propietarios acaben optando por ofertar as súas vivendas como alugueiro turistico en sustitución de alugueiros habituais. 

A proposición de lei presentada na Asemblea prevé equiparar a fiscalidade de practicamente todos os réximes de alugueiro e fixala nun 40%. As únicas vivendas turisticas que manterían o tramo máis favorable son as casas rurais e as estacións de esquí.

Fonte.- TouriNews