A futura Lei de arquitectura de Galicia recibe case 40 achegas no período de consultas previas e avanza na súa tramitación para aprobación inicial | Observatorio de Vivenda

A futura Lei de arquitectura de Galicia recibe case 40 achegas no período de consultas previas e avanza na súa tramitación para aprobación inicial

A futura Lei de arquitectura de Galicia recibe case 40 achegas no período de consultas previas e avanza na súa tramitación para aprobación inicial

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recibiu un total de 38 achegas ao texto inicial da futura Lei de Arquitectura, que vén de rematar o período de consultas previas. Desde o pasado 4 de decembro ao 4 de xaneiro de 2021 un total de 38 interesados trasladaron as súas consideracións a este novo texto, a través do formulario habilitado no Portal de Transparencia do Goberno galego.

Todas as súas consideracións e achegas, acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, serán analizadas pola Xunta de Galicia, co fin de introducir todas aquelas cuestión que melloren ou enriquezan este novo texto, e avanzar pasos para que a Comunidade galega avance no obxectivos de contar coa primeira Lei de Arquitectura.

Así, os obxectivos principais desta nova normativa son establecer as directrices a considerar na contratación pública respecto dos servizos ligados á arquitectura; definir as titulacións profesionais competentes, para potenciar a seguridade xurídica e reducir a conflitividade competencial na contratación pública e privada e a tramitación de autorizacións, licencias e comunicacións previas de obras; procurar unha simplificación da normativa e a axilización de trámites; fomentar o ensino, a divulgación e a sensibilización, especialmente entre os máis novos, sobre a arquitectura como ben e actividade de interese xeral e social.

Tamén se creará o Consello da Arquitectura de Galicia, con representantes dos colexios profesionais e institucións de ensino, as artes e as empresas, con funcións de asesoramento, seguimento, proposta e comunicación.

Fonte | Xunta de Galicia