Gabriel Alén destaca as políticas de vivenda e rehabilitación da Xunta nos centros históricos | Observatorio de Vivenda

Gabriel Alén destaca as políticas de vivenda e rehabilitación da Xunta nos centros históricos

Gabriel Alén destaca as políticas de vivenda e rehabilitación da Xunta nos centros históricos

O delegado territorial lembrou na súa visita ao centro histórico de Xunqueira de Ambía que desde o 4 de xullo ata o próximo 2 de outubro está aberto o prazo para presentar as solicitudes ás axudas de ata 15.000 euros da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para comprar vivendas en centros históricos. Na provincia, poderán acceder a este tipo de axudas os concellos de Allariz, Boborás, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ourense, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Verín, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

Trátase da quinta edición na que, ao amparo do Pacto social pola vivenda de Galicia 2021-2025, convócanse estas axudas, que teñen como obxectivo promover a recuperación do patrimonio xa construído ao mesmo tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda.

Fonte.- Xunta de Galicia