Galicia compartirá a súa aposta pola rehabilitación enerxética das vivendas en Copenhague para explorar modelos de construción sostibles e eficientes | Observatorio de Vivenda

Galicia compartirá a súa aposta pola rehabilitación enerxética das vivendas en Copenhague para explorar modelos de construción sostibles e eficientes

Galicia compartirá a súa aposta pola rehabilitación enerxética das vivendas en Copenhague para explorar modelos de construción sostibles e eficientes

Galicia realizará unha viaxe institucional a Copenhague desde hoxe e ata o vindeiro martes co obxectivo de intercambiar experiencias en materia de eficiencia enerxética e modelos de construción sostibles e resilientes e para buscar sinerxías e compartir ideas entre ambos territorios.

A representación de Galicia durante este encontro de traballo, no que participarán tamén outras autoridades españolas a nivel estatal, autonómico e local, será realizada pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

O programa da viaxe centrarase en Copenhague xa que está considerada unha das urbes máis eficientes do mundo e nel inclúense tanto visitas a varios edificios de interese desde o punto de vista da rehabilitación enerxética (Centro Danés de Arquitectura (DAC) ou Green Lighthouse, entre outros) como encontros entre as diferentes autoridades de ambos países, empresarios do eido da construcción e outros axentes de interese. 

Fonte | Xunta de Galicia