Galicia convértese na única comunidade de España que mantén os prezos nas vivendas á venda | Observatorio de Vivenda

Galicia convértese na única comunidade de España que mantén os prezos nas vivendas á venda

Galicia convértese na única comunidade de España que mantén os prezos nas vivendas á venda

Segundo os últimos datos publicados polo portal inmobiliario Idealista en relación cos prezos de venda das vivendas en España, ante o aumento xeneralizado dos prezos en todo o país, Galicia sitúase como a única comunidade na que se manteñen. Así, de media, un piso de 90 metros cadrados en Galicia custa unha media de 120.600 euros, aínda que nas grandes cidades, as cifras oscilan entre os 2.100 euros por metro cadrado da Coruña e os 812 de Ferrol.

Desta forma, mentres a media estatal sitúase actualmente en 1.816 o metro cadrado, en Galicia é de 1.340, o que supón unha caída nos últimos dez anos que chega ao 24%.

Fonte | La Opinión Coruña